Outra visión histórica do galeguismo (I)

A traxectoria do nacionalismo galego nos últimos tempos. Ao longo destas tres últimas décadas os intentos por crear un partido nacionalista e interclasista na nosa terra foron moi numerosos e variados. Aínda que daquela, hai xa vinte ou trinta anos, entre estes mesmos partidos poderían existir grandes diferenzas ideolóxicas, todas aquelas formacións tiñan algo en común: o feito de interpretar o noso país en clave nacional e sempre desde unha perspectiva aberta, moderada e disposta a chegar a puntos de encontro para facilitar o consenso.+máis