INFORME O sector primario galego pasa a ocupar a menos do 8% da poboación ocupada fronte ao 43% de hai só vinte anos. A nosa terra perdeu en só dúas décadas máis de 300.000 postos de traballo na agricultura e na pesca. Desde entón máis dun terzo dos galegos pasouse a outro sector ou ben xubilouse. +máis O tópico do país do millón de vacas ou o dunha sociedade que vivía dos traballos asociados ao campo e o mar viuse abaixo co paso destes últimos anos. Lonxe queda xa a imaxe da Galicia labrega e mariñeira, correndo esta o risco de ficar soamente no noso recordatorio colectivo. A nosa terra sufriu unha mutación brutal en só vinte anos. Así, nestas últimas dúas décadas o sector primario pasou de ser o esmagadoramente maioritario a representar só unha mínima parte dos traballadores do país.
As causas da desfeita
A mala negociación do Tratado de Adhesión á daquela chamada CEE, no que a nosa terra volveu a actuar como moeda de cambio, e a aplicación posterior da Política Agraria Común (PAC), deseñada para unha agricultura xa desenvolvida como era a dos países comunitarios, acabou por esmagar a nosa agricultura que, se ben é certo que estaba pasando por serios problemas estruturais, non menos certo é que estaba acometendo un nada desprezable proceso de modernización desde os anos sesenta.
A estes feitos negativos para o agro galego hailles que sumar á incompetencia e insolidariedade do goberno autonómico, que simplemente se limitou a aplicar as directrices comunitarias: cotas lácteas, forestación de terras agrarias con especies de rápido crecemento ou programas de abandono de actividade.
Fronte ao tópico da agricultura subvencionada, hai que dicir que ao longo de todos estes anos a agricultura e gandería galegas recibiron un escaso volume de axudas. Proba disto é o feito de que na década dos 90 as subvencións representaban o 28% da renda comunitaria e tamén da española; en cambio, en Galicia estas a penas representaban o 7% da renda agraria.
Unha metamorfose sen parangón en toda Europa
Esta evolución negativa, acelerada coa entrada no Mercado Común, cambiou totalmente o peso deste sector no conxunto da economía galega así como na estrutura do emprego. Así, a mediados da década dos 60 representaba máis dun 20% do PIB galego e un 60% do emprego con máis de 750.000 traballadores.
En 1975 o agro e o mar aínda supoñían máis dun 50% dos empregos do país. Unha década despois, en 1986 esta cifra baixaba ao 43% do emprego total. Daquela, máis de 450.000
persoas vivían das actividades asociadas a este sector, que representaba o 12% da riqueza global galega.
A partir de aquí, o proceso destrutivo acelérase aínda máis ata hoxe, ficando menos de 100.000 galegos neste sector, pasando a ocupar a menos dun 8% da poboación activa, e representando só o 5,3% do PIB galego.
É dicir, que nos últimos corenta anos perdemos máis de 600.000 empregos primarios, e nas últimas dúas décadas case 350.000. Unha verdadeira barbaridade para un país que non chega aos tres millóns de habitantes.
Nos últimos anos a perda de traballadores viuse acompañada dunha drástica redución do número de explotacións agrogandeiras. Máis de dous terzos das que había hai unha década pecharon, pasando de 99.322 no ano 95 a só 32.000 en 2006.
Mesma sorte correu o sector pesqueiro, xa que nos últimos 15 anos viu reducido a case á metade o número de persoas que viven del. Se daquela máis de 50.000 galegos vivían das actividades produtivas vinculadas coa pesca e o marisqueo, hoxe esta cifra viuse reducida a 28.000 traballadores.
Estas arrepiantes cifras falan por si soas, deixando en evidencia a brutal transformación que padeceu a sociedade galega, sen comparación posible no contexto europeo. Así, mentres que, por exemplo en Francia, o sector primario tardou máis dun século en pasar do 42% ao 4% actual de ocupados, aquí, esa mesma evolución tivémola que facer en só dúas décadas.
Serva esta comparanza para deixar constancia da brutal metamorfose que padeceu a nosa terra nestes anos e da que, curiosamente, moi poucos falan. Metamorfose que puido ter sido traumática ao coincidir no tempo coa perda de emprego industrial que sufriu Galicia desde os anos oitenta ata mediados dos 90. Afortunadamente, a xeneralización das xubilacións e das pensións por enfermidade a través da Seguridade Social desde 1980 neutralizaron esa posible desfeita.
Destrución en vez de transformación
Aínda que é ben certo que a diminución da poboación labrega e mariñeira é unha tendencia lóxica, case evolutiva desde a Revolución Industrial de toda sociedade que aspira a modernizarse, e aínda que tamén é certo que o feito de ter a case o 43% da poboación vivindo do mar e do campo é máis ben propio dun país terceiromundista, o que si que tamén está claro é a irresponsabilidade e a falta de previsión coas que este cambio se fixo en Galicia, provocando unha mutación brutal na súa sociedade. Mutación que o paso do tempo nos dirá se traerá consigo graves efectos prexudiciais ou non.
Ningunha persoa cun mínimo de sentido común pode negar que hai vinte ou trinta anos era necesaria unha forte diminución do peso do emprego agrario en Galicia, sector que ademais tiña unha produtividade por traballador moi baixa debido fundamentalmente ao pequeno tamaño das súas explotacións.
O problema é que esa transformación da que falamos non consistiu nunha reconversión ou evolución harmónica cara unha sociedade terciaria e industrial. Simplemente baseouse na destrución e desmantelamento dos nosos activos agrogandeiros. O agro galego foi vítima de políticas esnaquizadoras que tiñan coma único obxectivo a súa defunción. Neste xenocidio nada disimulado a Comunidade Europea actuou de dedo acusador, o Estado interpretou o papel de executor e a Xunta acabaría actuando coma cómplice.
Pero o máis grave e indignante é que esta perda de empregos viuse ademais acompañada dunha forte baixada do PIB agrario. Tras a perda de milleiros de postos de traballo e a concentración das explotacións agrogandeiras nun número menor de mans, o lóxico tería sido que esta baixada se vise compensada por un gran aumento da produtividade. Pero tal cousa non aconteceu. Máis ben o efecto foi o contrario. Boa proba é a baixada do PIB agrario en máis dun 15% entre os anos 86 e 96.
Se pretendemos aumentar a produtividade por traballador, de pouco serve que descenda o número de empregos agrarios se este descenso vai acompañado dunha baixada da riqueza total producida. Así, aínda hoxe en día un traballador galego da construción, da industria ou do comercio xera o dobre de riqueza media que un labrego ou mariñeiro (18.000 € anuais fronte a 9.400 €).
Todo isto ven dado como consecuencia de que en ningún momento se apostou por unha verdadeira transformación do sector que fomentase o peche dos ciclos produtivos, promovendo deste xeito actividades que xerasen un maior valor engadido e que deixasen no país maior riqueza e postos de traballo máis cualificados e por tanto máis produtivos e mellor remunerados.
Do mesmo xeito, en ningún momento se fomentou a agroindustria. Lonxe disto, parte da creada nos anos sesenta desmantelouse ou acabou en mans alleas. A maioría das factorías leiteiras do país acabaron sendo adquiridas por compañías foráneas e a nosa terra pasou a ser unha mera produtora de leite líquido deixando de lado a elaboración de produtos e derivados lácteos, que é o que deixa máis cartos e o que xera un maior número de empregos cualificados.
Da mesma maneira no sector madeireiro acontece unha situación semellante, xa que aquí producimos case o 50% da madeira do Estado, pero só fabricamos o 5% dos mobles, deixando ese vantaxoso negocio a cataláns e valencianos.
A solución pasa por innovar
Precisamente un dos principais remedios para pór fin a esta crise pasa por pechar os ciclos produtivos, levando a cabo tamén as actividades que implican a xeración de maior valor engadido no produto final. Isto, acompañado dunha forte aposta pola calidade, a innovación e a diferenciación dos nosos produtos mediante o fomento e a modernización continua da nosa agroindustria sería a mellor receita para aumentar a produtividade do noso sector primario e convertelo desta maneira nun sector atractivo e competitivo.
A aposta pola diversificación e a implantación de novas actividades como por exemplo a floricultura, a produción de enerxía a partir da biomasa, o aproveitamento de certos cultivos para a produción de biocombustibles ou a acuicultura tamén terán moito que dicir no futuro.
Finalmente, outro factor moi importante a ter en conta é o da dignificación de todo este tipo de actividades. Por norma xeral, estes traballos levan asociados un forte esforzo físico que os fan sacrificados e, polo tanto, pouco atractivos para as novas xeracións que os consideran moi escravos.
A isto haille que sumar o feito de que este tipo de actividades van moito máis aló das oito horas de xornada laboral e dos cinco días laborables. Por iso deberíase impulsar a creación de empresas de servizos que ofrezan persoal cualificado que poida substituír puntualmente aos propietarios de explotacións agrogandeiras para que, desta maneira estes poidan gozar de tempo libre.
E é que as vacas non saben de horarios, nin de vacacións, nin de tempo para o lecer.